Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Denominación de Orixe Valdeorras bateu a súa marca histórica de viño certificado

A Denominación de Orixe Valdeorras bateu a súa marca histórica de viño certificado

As adegas dos oito concellos adscritos produciron máis de 4.600.000 litros 

A caste godello segue a ser a predominante e máis demandada

G24.gal 16/03/2023 21:04 Última actualización 16/03/2023 21:39

Máis de 4.650.000 litros produciron as adegas e viticultores de Valdeorras en 2022. A cifra máis alta dende que existe a denominación de orixe, que supón un incremento do 27 % en só dez anos.

Uns números de récord baseados sobre todo na caste godello, pola que levan décadas apostando.

Na denominación de orixe hai 43 adegas e 1.100 hectáreas de viñedo divididas en 7.000 parcelas. Os obxectivos son seguir ampliando produción e vendas, pero mantendo sempre a calidade dos viños. Explotar o enoturismo e ampliar unha man de obra cada vez máis escasa son outras aspiracións a curto prazo.

O éxito de Valdeorras atraeu grandes grupos adegueiros, que xa están a mercar viñedos e elaborar viños nos oito concellos adscritos á D. O.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade