Publicador de contidos
Publicador de contidos

A DANA segue sobre España e trasládase ao sur e ao centro da península

A DANA segue sobre España e trasládase ao sur e ao centro da península

Deixa atrás estragos millonarios na zona do Levante

G24.gal 26/05/2023 18:58 Última actualización 26/05/2023 19:03

Choveu torrencialmente durante moito tempo, ata o punto de que na provincia de Castelló batéronse marcas históricas de precipitación. 198 litros por metros cadrado en catro horas, que deixaron rúas anegadas, coches atascados e barrios enteiros enterrados na lama. 

"Foi algo impresionante, impresionante"; "Todo de golpe, así veñen as cousas así", comentan os cidadáns.

Tardarán días en recuperase tamén en Molina de Segura, en Murcia. Unha súbita riada atrapou nos seus vehículos varios condutores e foi necesaria a intervención dun helicóptero para rescatalos. 

Vivíronse escenas perigosas coma esta, unha muller que intenta cruzar cun carro de bebé e a corrente acaba arrastrando o neno, que foi rescatado in extremis.

"Choveu moito e en pouco tempo, case cen litros por metro cadrado, e hai zonas moi afectadas, non só as estradas, senón tamén moitas colleitas", "A min afogáronme uns coelliños que tiña para un arroz, e unhas galiñas que ía comer nun cocido", comentan.

As chuvias torrenciais que está descargando a DANA non van cesar de momento, aínda que as alertas desvíanse ata outras zonas. Nas próximas horas descargará en  Andalucía, Estremadura, as dúas Castelas e Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade