Publicador de contidos
Publicador de contidos

A declaración do condutor do autobús, clave na investigación do accidente de Cerdedo-Cotobade

A declaración do condutor do autobús, clave na investigación do accidente de Cerdedo-Cotobade

O condutor do autobús está previsto que declare ao longo da xornada de hoxe

A pasaxeira que sobreviviu ao accidente permanece ingresada no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

O Equipo de Reconstrución de Accidentes volveu inspeccionar esta mañá o autocar sinistrado

Está previsto que declare esta tarde na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra
G24.gal 29/12/2022 14:05 Última actualización 29/12/2022 23:05

Expectación durante toda a mañá ás portas da comandancia da Garda Civil en Pontevedra, onde os medios agardabamos captar a imaxe do condutor do autobús sinsitrado o sábado en Cerdedo-Cotobade, xa que está previsto que declare ao longo da xornada de hoxe.

O seu testemuño e o da outra supervivente son claves na investigación do accidente. A muller permanece ingresada no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde evoluciona ben das diversas fracturas que sufriu.

Onde si volveu haber actividade foi no garaxe de Monbus en Lourizán. Alí regresaron esta mañá os especialistas do Equipo de Reconstrución de Accidentes para rematar a inspección do autocar sinistrado, que permanece alí custodiado pola Garda Civil.

Como explicaron onte responsables da investigación, con todos os datos, imaxes, medicións e vestixios recollidos tanto no lugar do accidente como a análise dun autobús semellante ao sinistrado e a información que se tirou dos restos do autocar, farase unha simulación en 3D para intentar esclarecer que pasou aquela noite do 24 de decembro na ponte de Pedre en Cerdedo-Cotobade e que provocou que o autobús que facía a liña entre Lugo e Vigo acabara no río Lérez levando a vida de 7 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade