Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acusado do dobre crime de Soutomaior: "Viñeron buscar a morte"

O acusado do dobre crime de Soutomaior: "Viñeron buscar a morte"

Sen amosar ningún tipo de remordemento nin arrepentimento, o único acusado confesou os homicidios 

A defensa do acusado do dobre crime de Soutomaior alega lexítima defensa

A Fiscalía pide 44 anos de cadea por dous delitos de asasinato e un de tenza ilícita de armas 

G24.gal 09/05/2022 21:13 Última actualización 09/05/2022 21:29

O autor do dobre cirme de Soutomaior di que acutou en lexítima defensa. Así o manifestou na primeira xornada do xuízo que se celebra na Audiencia Provincial en Vigo.

Comezou coa sorprendente confesión do único acusado do dobre homicidio, sen ningún tipo de remordemento recoñeceu que disparou á súa irmá e súa sobriña. Alegou que o ameazaron cun machado e unha aixada e que non tiña máis saída que matalas.

As vítimas, coas que mantiña un mala relación dende había anos, acudiron á vivenda de Miguel Gil supostamente para pedirlle unha escaleira que lle prestaran e el respondeulles con dous disparos de pistola.

Un alcanzou no corazón a súa irmá, de 62 anos, e outro impactou no esterno da sobriña, de 26. Ambas faleceron no acto. O acusado di que as mulleres o ameazaron cun machado e unha aixada.

A eximente de lexítima defensa ou medo insuperable non ten visos de prosperar segundo a Fiscalía e as acusacións particulares, que piden 44 anos de cadea por dobre asasinato con agravante de aleivosía.

A Fiscalía pide 44 anos de cadea por dous delitos de asasinato e un de tenza ilícita de armas. As acusacións particulares suman ademais a agravante de aleivosía e reclaman indemnizacións para os parentes das vítimas.

O xuízo, que se leva a cabo con xurado popular, prolongarase durante varios días coa testemuña dos familiares das vítimas, que reclaman unha indemnización, e os axentes que investigaron o crime.

Os feitos ocorreron en agosto de 2020, cando as vítimas, de 62 e 26 anos, nai e filla, acudiron á vivenda do acusado para, supostamente, reclamarlle unha escaleira, pero el respondeu cos disparos que acabaron coa súa vida de xeito fulminante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade