Publicador de contidos
Publicador de contidos

A delegación galega da Plataforma en Defensa do Transporte aprobou o paro no sector

A delegación galega da Plataforma en Defensa do Transporte aprobou o paro no sector

Apetamcor e a Federación Galega de Transporte de Mercadorías non apoian os paros

A decisión queda pendente da votación da Plataforma a nivel estatal

Os transportistas votan o paro do sector nos próximos días
G24.gal 26/06/2022 14:36 Última actualización 26/06/2022 14:48

A Plataforma Nacional en Defensa do Transporte de Galicia decidiu este domingo na súa asemblea de Lugo retomar os paros que abandonaron o 2 de abril á espera do que se decida a nivel nacional e do que voten tamén outras asociacións do transporte. Algunhas das que apoiaron a folga en primavera, como Apetamcor, xa anunciaron que non a secundará.

A prórroga dos 20 céntimos por litro nos carburantes anunciada polo Goberno non é suficiente para o sector do transporte que forma parte de plataforma en Galicia e que hoxe votou retomar os paros que abandonara en abril, como confirmou José Manuel Vélez, delegado da Plataforma en Lugo.

Esta mañá tivemos unha reunión para saber canta xente tiñamos a favor de iniciar o paro e pode haber un 80 % de xente que quere ir ao paro. E estamos a expensas do que diga a plataforma a nivel nacional. 


Aínda non se pronunciaron asociacións importantes como AETRAM e Ascentra pero desde a Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia, que si apoiaron a folga anterior, din que a situación cambiou coa regulación sobre as empresas cargadoras e por iso non apoian estes paros, segundo Miriam Otero, secretaria da organización.


Actualmente coa cláusula de regulación obrigatoria que estableceu o Goberno para facer repercutir as subas do combustible nas empresas cargadoras hai moitas empresas cargadoras que cumpren, polo tanto en todo caso haberá que non traballarlles a aquelas empresas cargadoras que non cumpren, e esixirlles ao Goberno que faga as inspeccións, tanto a nivel central como autonómico, e que sancione as empresas que non cumpran esa cláusula obrigatoria.


Piden un gasóleo subvencionado e profesional como o do sector agrícola e pesqueiro. Insisten na necesidade de regular a cadea de subcontratación onde entran intermediarios que impiden a rendibilidade do transportista e esixen inspeccións das empresas de transporte que compiten deslealmente. Coinciden así coa postura da Federación Galega de Transporte de Mercadorías que xa manifestou a súa oposición aos paros, como xa fixera na primavera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade