Publicador de contidos
Publicador de contidos

A demanda de posta a punto de chemineas aumenta un 30 %

A demanda de posta a punto de chemineas aumenta un 30 %

Os consumidores buscan opcións de calefacción polo aumento dos costes enerxéticos

G24.gal 19/10/2022 13:14

Ás portas do inverno, as empresas de calefacción viven a súa temporada alta. Un dos servizos máis requiridos é a posta a punto das chemineas, porque son os sistemas de calor que están en auxe. 

É unha cuestión de seguridade, que cómpre facer anualmente, e tamén de aforro enerxético, porque, á vista dos prezos elevados da electricidade, do gasóleo e do gas natural, aumenta a demanda de reformas e de labores de mantemento de cociñas de ferro, estufas e chemineas que estaban en desuso ou que só se empregaban como elementos decorativos. 

Para esta operación hai lista de agarda. As limpezas, mantementos e reparacións de sistemas de calefacción aumentan nesta campaña por riba do 30 %.

Aínda que non chegou o frío, é tempo de preparar os fogares para o cambio de estación. O aumento dos custos enerxéticos leva os consumidores a procuraren opcións para non depender exclusivamente dunha soa fonte de calor. 

Cos prezos actuais, unha calefacción de leña ou pellets pode ser, de media, dun 70 a un 50 % máis barata que o gasóleo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar