A depuradora de Bens comezará a producir hidróxeno verde a partir de febreiro
A depuradora de Bens comezará a producir hidróxeno verde a partir de febreiro
O biometano que produce xa se utiliza no transporte público e inxectase na rede comercial de gas
A depuradora de Bens trata as augas residuais dunha poboación de máis de medio millón de persoas da área da Coruña. A investigación no campo enerxía circular permite que funcione ademais como unha pequena refinería de enerxías limpas. O paso máis inmediato; producir hidróxeno verde en poucos días.
"Temos previsto utilizar ese hidróxeno para a xeración de calor e no futuro xerar metanol e utilizalo como combustible para a mobilidade".
A unidade de investigación de Bens leva oito anos de traballo. Os primeiros proxectos permiten xa a utilización do biometano producido como combustible para o transporte público. Ademais é a primeira planta deste tipo que inxecta gas na rede comercial con capacidade para cubrir as necesidades de 2.800 vivendas durante un ano.
"Posicionan Galicia como referente neste tipo de proxectos vinculados coa innovación, coa transferencia de coñecemento e coa colaboración público-privada".
O modelo da Edar de Bens é único en España. Pero os expertos ven futuro. Somos o terceiro país de Europa en produción de residuos e a utilización do biometano podería aforrar uns catro mil millóns de euros da factura enerxética no futuro.