A dixitalización xa é clave para facer máis eficientes e competitivos os negocios
A dixitalización xa é clave para facer máis eficientes e competitivos os negocios
As empresas galegas aumentaron en preto dun 20 % o seu investimento en tecnoloxía durante o último ano
No quinto congreso Flúor sobre márketing dixital que se celebra en Pontevedra avalían ferramentas como a intelixencia artificial
As empresas soben ao tren da cuarta revolución como paso indispensable para facer máis rendibles os seus negocios. Para iso botan man das ferramentas máis innovadoras.
En Galicia preto do 8 por cento das microempresas xa empregan intelixencia artificial, catro puntos por riba da media estatal, e máis do dez por cento dos medianos e grandes negocios tamén apostan por esta ferramenta.
As redes sociais como ferramenta empresarial tamén son protagonistas nesta quinta edición do Congreso Flúor. As marcas inclúenas como parte da súa estratexia polo seu poder de traspasar fronteiras. Para os creadores de contido convertéronse no seu modo de vida, con milleiros de seguidores.
Outras moitas ferramentas permiten gañar en competitividade e eficiencia. Unha das máis vangardistas está a ser a estratexia omnicanle que sincroniza todas as canles posibles de venda. Tamén o audio en liña está a ser clave no negocio dixital.