Publicador de contidos
Publicador de contidos

A dragaxe da ría do Burgo, pendente do acordo cos mariscadores

A dragaxe da ría do Burgo, pendente do acordo cos mariscadores

O mércores convocouse unha xuntanza na confraría de pescadores 

As obras custarán 32 millóns de euros 

G24.gal 24/01/2022 17:55

O arranque das obras de dragaxe da ría do Burgo está á espera do acordo coa confraría de mariscadores para aboar as compensacións polo peche.

O comezo das obras estaba fixado para esta semana pero aínda non está pechado o protocolo entre o Goberno e a Xunta de Galicia que a ministra para a Transición Ecolóxica anunciara hai dez días.

O Goberno, promotor das obras, achegaría as compensacións aos mariscadores e a Xunta encargaríase de tramitar os 80 expedientes.

O mércores está convocada unha xuntanza na confraría de pescadores da Coruña para avanzar neste trámite pendente para o inicio dunhas obras nas que se van investir máis de 32 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar