Publicador de contidos
Publicador de contidos

A DXT pon en marcha unha nova campaña para reducir as distraccións ao volante

A DXT pon en marcha unha nova campaña para reducir as distraccións ao volante

O obxectivo é "sensibilizar do perigo das distraccións ao volante", que son desde 2017 a primeira causa máis frecuente de accidentes de tráfico

O ano pasado, contabilizáronse 7.801 denuncias en Galicia por distraccións, o 90 % delas por usar o teléfono móbil mentres se conduce

G24.gal 07/10/2024 09:42 Última actualización 07/10/2024 09:56

Hoxe arrinca unha nova campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) para controlar e vixiar as distraccións ao volante.

Estenderase ata o vindeiro domingo 13 de outubro e vaise centrar nas estradas convencionais e nos tramos máis perigosos das vías.

O obxectivo é "sensibilizar no perigo das distraccións ao volante", que son desde 2017 "a primeira causa máis frecuente en sinistros de tráfico nas vías de circulación".

Segundo os informes da DXT, as distraccións ao volante estiveron presentes no 17 % dos sinistros en 2022 e foron un factor concorrente no 31 % dos sinistros de tráfico con vítimas mortais, principalmente polo uso indebido de dispositivos electrónicos.

O ano pasado, en Galicia rexistráronse 7.801 denuncias por distraccións ao volante, un 23 % máis ca o ano anterior (6.338 denuncias).

O 90 % destas denuncias foron polo uso do teléfono móbil (7.180), seguidas polo uso de cascos/auriculares (586) e, finalmente, 35 denuncias por uso de dispositivos visuais, como os GPS.

Na campaña do ano pasado, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil controlaron 37.548 vehículos nas estradas galegas, con 839 denuncias. Case 200 destas denuncias foron efectuadas por detectar un uso irregular do teléfono móbil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade