Publicador de contidos
Publicador de contidos

A DXT confirma que só dous ocupantes do coche sinistrado en Xove levaban o cinto

A DXT confirma que só dous ocupantes do coche sinistrado en Xove levaban o cinto

O Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa abriu dilixencias

Tamén autorizou a remisión de mostras de sangue, tomadas ao condutor do vehículo, a un laboratorio para realizar as probas de alcol e drogas

G24.gal 04/04/2023 16:32 Última actualización 04/04/2023 17:16

A Dirección Xeral de Tráfico confirmou este martes que só dous dos seis ocupantes do coche sinistrado en Xove, levaban o cinto posto, matizando que un deles saíu ileso e outro faleceu. 

Con todo, advertiu de que levar o cinto de seguridade reduce a probabilidade de feridas graves ou de consecuencias mortais nun accidente de circulación e fixo un chamamento a colocarse este elemento de protección. As estatísticas din que un de cada catro falecidos dun turismo ou furgoneta non levaba posto o cinto.  

O director da DXT, Pere Navarro, tamén se refiriu a que o accidente de Xove foi unha "saída de vía" nun punto en que a curva "non tiña problemas" de alta sinistralidade ou perigosidades.

O xulgado abre dilixencias

O Xulgado de Instrucción número 2 de Viveiro, en funcións de garda, xa abriu dilixencias polo accidente acontecido en Xove. Tamén autorizou a remisión de mostras de sangue, tomadas ao condutor do vehículo, a un laboratorio para realizar as probas de alcol e drogas.

Trátase da única dilixencia practicada por este suceso que se cobrou a vida dos catro mozos tras saírse da vía o seu vehículo e bater contra un poste de formigón. O coche deu tamén varias voltas de campá e foi parar a unha finca privada. No asfalto non quedaron sinais de freada del vehículo.

O condutor, un dos dous superviventes do sinistro, está ferido grave e ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Lucus Augusti de Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade