A DXT estuda a posibilidade de que as motos circulen pola beiravía para evitar os atascos
A DXT estuda a posibilidade de que as motos circulen pola beiravía para evitar os atascos
En caso de modificarse a norma, só poderían facelo indo a menos de 30 km/h e respectando a prioridade de bicicletas ou peóns
Os motoristas poderían saltar os atascos se prospera a idea da Dirección Xeral de Tráfico. Deixarán que as motos circulen pola beiravía en calquera estrada na que haxa retencións. Nese caso non poderían ir a máis de trinta quilómetros por hora e terían que respectar a prioridade das bicicletas, que sempre están obrigadas a usar esa parte da vía. É un cambio grande porque agora mesmo esa manobra é unha infracción, e ten unha multa de 200 euros.
É en situacións coma esta de tráfico intenso cando é máis habitual ver motoristas intentando sortear o atasco pola beiravía.
A modificación contempla para as motos a posibilidade de circular pola beiravía en calquera tipo de estrada cando haxa retencións de tráfico. Non poderían, iso si, superar os trinta quilómetros por hora, e terán prioridade os vehículos obrigados a circular pola beiravía, especialmente as bicicletas.
A posible modificación da norma busca unha maior fluidez na circulación dos motoristas, pero sempre cunhas condicións determinadas de seguridade.
A actualización das normas contempla outras medidas obrigatorias para os motoristas como o uso de luvas e casco integral ou modular, ademais dun curso para poder conducir motos de ata 125 centímetros cúbicos.