A DXT inicia este luns unha campaña de control de alcol e drogas en Galicia
A DXT inicia este luns unha campaña de control de alcol e drogas en Galicia
O alcol está presente como factor concorrente ou causante nun terzo dos accidentes mortais
A Dirección Xeral de Tráfico iniciará este luns, e ata o vindeiro domingo, unha campaña especial de control de consumo de alcol e drogas ao volante, polo que a Garda Civil intensificará os controis nas diferentes estradas da comunidade, segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia.
O alcol está presente como factor concorrente ou causante nun terzo dos accidentes mortais. A súa presenza na condución, dependendo da taxa, multiplica entre 2 e 15 o risco de sufrir un accidente.
Na mesma campaña especial desenvolta o pasado ano entre o 14 e o 20 de agosto, a Garda Civil realizou 35.961 controis de alcoholemia en Galicia, dos que 538 foron positivos.
Ademais, efectuou 492 controis de drogas, con 244 positivos e a 26 condutores instruíronlles dilixencias para o seu posterior traslado á autoridade xudicial por delitos contra a seguridade viaria.