Publicador de contidos
Publicador de contidos

Folga do lixo: a emerxencia sanitaria na Coruña xa é total

Folga do lixo: a emerxencia sanitaria na Coruña xa é total

22 novos operarios sumaranse ao servizo de reforzo ata que a situación na cidade se normalice

G24.gal 05/08/2024 14:17

Veciños desesperados, e comerciantes tamén fartos de ver como o lixo se acumula ás portas dos seus negocios. A crise do lixo está a impedir que A Coruña goce dun verán tranquilo. 

E iso que xa está estendida a toda a cidade a emerxencia sanitaria. Haberá 22 persoas máis traballando, que se suman ás 32 que prestaban servizo no contrato de emerxencia, o que permitirá aos equipos traballar en dobre quenda.

Todo para paliar a falta de recollida por parte da concesionaria Prezero. Os traballadores levan protestando dende o San Xoán, e aínda que oficialmente ninguén secunda o paro, os índices de traballo seguen estando moi por debaixo dos mínimos de salubridade.

Con esta son xa dúas noites consecutivas sen rexistrar queima de colectores. Son xa 159 os que arderon, o que eleva as perdas a máis de 400.000 euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade