Publicador de contidos
Publicador de contidos

A empresa galega de drons Aerocámaras busca trinta profesionais

A empresa galega de drons Aerocámaras busca trinta profesionais

Os drons pasaron de obxectos de entretemento a converterse en ferramenta de traballo 

Medra a oferta de emprego na construción e manexo destas naves teledirixidas 

G24.gal 15/01/2023 14:39 Última actualización 15/01/2023 15:17

As operacións comerciais con drons duplicáronse no último ano en España, segundo o xestor de navegación áerea, Enaire. É por iso que as compañías especializadas buscan aumentar o cadro de persoal a través de distintos procesos de selección.

"Realmente o que estamos facendo con esta convocatoria é incorporar trinta profesionais dentro da nosa empresa, con isto o que imos facer é aumentar tanto a nosa parte de formación coma a de servizos", di Iván Márquez, director comercial de Aerocámaras.

Os drons van conquistando novos sectores: inspección, seguridade, topografía, realización de audiovisuais. A súa aplicación diversifícase e expándese.

"Estamos buscando perfís de todo tipo, pero realmente o que valoramos e que teñan unha formación e un coñecemento que o día de mañá poidan manter o nome de Aerocámaras como é a día de hoxe, apunta Iván Márquez".

A empresa galega Aerocámaras é pioneira en desenvolvemento, formación, vendas e servizos profesionais con drons.

Está presente en España e Portugal e traballa en diferentes países de Europa, África e América Latina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade