Publicador de contidos
Publicador de contidos

A enchente provocada polas treboadas derruba a ponte de Zobra en Lalín

A enchente provocada polas treboadas derruba a ponte de Zobra en Lalín

A brigada de obras do concello vai comezar este luns os traballos para o arranxo definitivo da estrada

Catro aldeas da serra do Candán quedaron incomunicadas o venres e o tráfico restableceuse de xeito provisional

G24.gal 04/06/2023 20:46 Última actualización 04/06/2023 21:02

A enchente provocada polas treboadas que caeron na serra do Candán o venres pasado esnaquizaron a ponte de Zobra, no concello de Lalín.

O derrubamento incomunicou durante a tarde do venres as aldeas da Trigueira, Cabana, Portomartín e Ameixedo. O tráfico restableceuse esa mesma noite, despois de que a brigada de obras do concello de Lalin cubrira o burato con cachotes e colocara unhas chapas metálicas provisionais.  

“Un paso provisional para catro ou cinco días. De momento hai pouco que foi. Se tardan moito tempo haberá que protestar doutra maneira”

A veciñanza reclama agora unha solución definitiva. Desde o Concello de Lalín aseguran que a brigada de obras vai comezar este luns os traballos para arranxar por completo a estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade