Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Porqueira sofren cortes na subministración da auga

Veciños de Porqueira sofren cortes na subministración da auga

No barrio da Torre desconfían da súa potabilidade, xa que ás veces sae marrón

Desde que supervisan os contadores, aumentou o caudal

G24.gal 02/08/2022 14:02

A situación non afecta por igual a todo o concello. É no barrio da Torre, o que está na parte máis alta, o que ten máis problemas. A auga vai primeiro á parte de abaixo, e aquí xa non chega. E cando vén, vén toldada e non apta para o consumo, aseguran. 

 "Levamos a analizar a auga do noso pozo e a da traída. A do pozo deu potable, e a da traída, non apta para o consumo", explica un veciño da Torre.

Pero o que máis lles preocupa é a escaseza. Aseguran que levan desde maio sufrindo cortes na subministración, pero que a situación se volveu insoportable nas últimas semanas."Porque a pouca que entra dos mananciais de arriba, vai directamente ao fondo. Se abaixo a gastan, xa non chega aquí. Se non a gastan porque a pechan, chegará aquí. Pero iso é un milagre, como xogar á lotaría", di un veciño. "Auga, non pedimos máis ca iso. Un ben necesario. Se non hai auga para ninguén, pois xa está. Pero non pode haber auga para 100 e non haber para 5. Iso non pode ser", engade outro.

Contadores

O domingo houbo reunión veciñal. Acordaron que unha persoa se encargase de supervisar os contadores. No seu segundo día de traballo, xa se notaron resultados.

"Só de tomar datos un día, xa se nota que o consumo baixou. Pode ser que servira para iso, pero do que se trata é de ver o consumo total que hai no pobo", explica Carmen, a encargada de ler os contadores.

A auga é de xestión veciñal, pero o Concello contratou unha empresa para encher os depósitos cando van quedando baleiros. Sinala a alcaldesa que o caudal deste é de 40.000 litros ao día e que, se todos fan un uso racional da auga, debería abondar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar