En Malpica agardan os resultados das últimas analíticas tras cinco días sen auga potable
En Malpica agardan os resultados das últimas analíticas tras cinco días sen auga potable
A auga da traída non é apta para beber ou cociñar por mor da seca
Aínda non saben cando recuperarán a súa normalidade
O Concello está a repartir auga aos veciños e aos negocios
En moitos concellos da Costa da Morte continúan as restricións por mor da seca. A chuvia das últimas horas non foron dabondo.
No concello de Malpica, por exemplo, ao padecer unha seca tan grande, os ríos teñen pouco caudal e arrastran moita materia orgánica que acabou chegando aos fogares. E por iso, desde o sábado pasado, a auga da traída non é apta para beber ou cociñar.
Amais, o Concello está repartindo auga embotellada entre os seus veciños e tamén entre os locais de hostalería e outros negocios que necesitan moitos litros de auga ao día para desenvolver a súa actividade.
Á espera dos resultados das últimas analíticas, cinco días despois, todos confían en que a situación mellore malia que, polo momento, non se pode concretar cando volverán á normalidade.