Cargando resultados...
A estrada N-525, no tramo entre Coles e Piñor de Cea, é a máis perigosa de Galicia
A estrada N-525, no tramo entre Coles e Piñor de Cea, é a máis perigosa de Galicia
Entre 2019 e 2021 rexistráronse neste treito 5 accidentes graves con dous falecidos
G24.gal
25/04/2023 14:19
Os 21 quilómetros da estrada Nacional 525 entre Cambeo e Piñor de Cea son os máis perigosos da rede viaria estatal en Galicia. Entre 2019 e 2021 rexistráronse neste treito 5 accidentes graves con dous falecidos.
A poucos quilómetros había outro punto negro, que conseguiu rebaixar a sinistralidade cun radar de tramo. En Galicia hai oito treitos de risco medio alto, todos en estradas de plataforma única.
Segundo o estudo do RACE, Galicia é a cuarta comunidade de España con maior proporción de estradas consideradas de risco elevado.