Publicador de contidos
Publicador de contidos

A explosión dun depósito de combustible en Xacarta deixa 13 persoas falecidas

A explosión dun depósito de combustible en Xacarta deixa 13 persoas falecidas

Outras 29 quedaron feridas no incendio provocado polo estoupido

G24.gal 04/03/2023 08:40

Polo menos 13 persoas morreron e outras 29 quedaron feridas ao producirse unha explosión e un grande incendio nun depósito de combustible da compañía estatal de enerxía Pertamina, no norte de Xacarta.

O lume, que comezou na noite do venres, orixinouse nunha tubaxe do sistema de subministración do depósito, segundo declarou o responsable de comunicación da empresa, Eko Kristiawan, ao medio indonesio Tempo.

Kristiawan indicou que a sociedade axudou na evacuación do persoal e da veciñanza. Nos vídeos e nas fotos do accidente, pódense apreciar lapas de ata 30 metros e moita xente tentando fuxir nunha zona de gran densidade de poboación.

As autoridades din que o depósito tiña capacidade para albergar uns 300.000 quilolitros. En marzo de 2021, polo menos cinco persoas resultaran feridas e 950 tiveran que ser evacuadas no incendio dunha refinería de Pertamina en Balongan, na provincia de Xava Occidental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade