Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os viños galegos gana cada vez máis presenza no exterior

Os viños galegos gana cada vez máis presenza no exterior

Un 30 por cento dos caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas xa están presentes nos mercados internacionais e o obxectivo é seguir medrando

G24.gal 24/01/2024 14:31

A exportación dos viños galegos gana cada vez máis presenza no exterior. Un 30 por cento dos caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas xa están presentes nos mercados internacionais e o obxectivo é seguir medrando grazas a xornadas coma a que se organizou na sede do Consello Regulador en Pontevedra.

Nove sommeliers converteranse nos seus respectivos países nos mellores embaixadores dos caldos galegos, porque ademais de probar tamén puideron coñecer de primeira man como é o proceso de elaboración.

E, á vista das primeiras impresións, así vai ser porque no que todos coincidiron é en que estes viños pouco teñen que ver cos que se fan no resto de Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade