Publicador de contidos
Publicador de contidos

A fábrica de Galletas Mariñeiras en Chantada triplica a capacidade de produción cunha nova nave

A fábrica de Galletas Mariñeiras en Chantada triplica a capacidade de produción cunha nova nave

Supuxo un investimento de case seis millóns de euros

É unha das empresas europeas con maior rapidez de progresión na súa facturación

G24.gal 07/11/2022 20:50

A empresa Daveiga, radicada en Chantada, é unha das empresas europeas que destaca polo seu rápido crecemento.

Fundada no 2006, a súa facturación foi medrando a un ritmo anual dun 30 por cento.

Para atender esta crecente demanda dos seus produtos, estrea novas instalacións, que van permitir triplicar a súa capacidade de produción.

Dezaseis anos de crecemento

Naceu no 2006 con cinco empregados e agora ten 85. 

As súas galletas mariñeiras teñen unha grande aceptación entre os consumidores españois e sobre todo portugueses, aos que vai parar máis da metade da produción.

Para atender unha demanda que non para de medrar, esta empresa chantadina amplía as instalacións cunha nave de 5.000 metros que permitirá triplicar a capacidade de produción e eliminar as quendas de noite, porque o benestar dos traballadores forma parte da súa filosofía.

É unha ampliación pensada para atender o mercado, pero tamén o benestar dos traballadores, con instalacións máis luminosas, cómodas e un comedor saudable, di Xosé Lois Lamazares, coordinador de Daveiga.

Recoñecemento internacional

Financial Times destacouna coma una das empresas europeas con maior progresión de facturación.  Está moi ben formar parte dese ranking, di Lamazaraes: "pero parécenos máis importante poder mostrar que dende o rural e dende unha empresa da economía social se pode tamén estar ao lado de empresas con altas capacidades".

A nova nave é tamén un  proxecto sostible e pensado para a eficiencia enerxética: paneis fotovoltaicos e aproveitamento da auga de chuvia para actividades non produtivas.

A obra foi realizada por empresas da zona e supuxo un investimento de case seis millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade