Publicador de contidos
Publicador de contidos

A factura do gas subirá case un 9 % para os consumidores con tarifa regulada

A factura do gas subirá case un 9 % para os consumidores con tarifa regulada

As comunidades de veciños estrean tarifa en 2023, cunha rebaixa do 2 %

G24.gal 29/12/2022 14:37

A costa de xaneiro engade unha nova suba de prezos para os oito millóns de fogares que contan con gas nas súas vivendas ou pequenos negocios.

A factura do gas subirá entre xaneiro e abril unha media de case un 9 % para todos os consumidores que teñen contratada a tarifa de último recurso, a máis económica para os clientes.

"As tarifas de último recurso son dúas ou tres veces máis baratas que as do mercado libre. Segue a ser unha tarifa refuxio para os consumidores", explica Kepa Loizaga. Voceiro da OCU.

O Ministerio de Transición Ecolóxica revisa os prezos do gas cada tres meses en función das variacións da materia prima. Di o Goberno que, malia esta suba de xaneiro, os prezos se moderaron grazas ás medidas de limitación adoptadas no outono.

Os que si van notar unha rebaixa na factura serán as comunidades de veciños que antes non tiñan acceso á tarifa regulada. Para estes consumidores colectivos baixará un 2 %: "Os que consumían máis de 50.000 quilowatts por hora antes non podía entrar. Agora todas estas tarifas poderán aplicar un desconto do 2 % sobre o que viñan pagando", din desde a OCU.

O Goberno revisará de novo as tarifas do gas no mes de abril.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade