Publicador de contidos
Publicador de contidos

A falta de auga obriga ao peche de dous negocios turísticos nunha aldea de Muíños

A falta de auga obriga ao peche de dous negocios turísticos nunha aldea de Muíños

Maus de Salas abastécese dunha traída veciñal e levan semanas con restricións pola escaseza

Pechan temporalmente un aloxamento que ofrecía actividades de turismo activo e un local de hostalería 

G24.gal 26/08/2022 14:18

O da seca é un problema que vai máis aló do impacto doméstico no consumo de auga. Nalgúns casos a ese prexuízo, xa de por si notable, hai que sumar tamén outro de tipo laboral. Hai quen non pode traballar se non hai auga.

É o que acontece en negocios ligados ao turismo como por exemplo un bar-restaurante, nas Maus de Salas, despois de semanas con problemas de auga decidiron pechar. Tamén pechou o albergue ligado ao turismo deportivo que hai nesta mesma aldea, despois de que lle cancelaran o 90 % das reservas, tamén por estas restricións da auga, que chega ata alí por unha rede comunal, xestinada polos veciños que xa buscan alternativas noutros mananciais. 

María recolle no local de hostalería que rexentaba en Maus. Sen apenas auga na billa tivo que botar o peche. "A miña familia veu en xuño para levar o negocio pero tivemos que pechar pola falta de auga porque non funciona nin a cafeteira nin nada. Sen auga non podemos traballar", lamenta.

O mesmo acontece no albegue ligado a actividades de turismo activo que hai na aldea. Tras dous anos marcados pola pandemia agardaban un mes de agosto moi bo, pero ao advertir os clientes das restricións de auga cancelaron o 90 por cento das reservas polo que pechou temporalmente.

"Óscar, o xerente, tivo que avisar de que non tiñan auga para o baño e esas cousas e cancelaron. Nós se o albergue está pechado perdemos boa parte dos clientes. Isto estaba a tope, pero sen auga marcharon", explica María.

A aldea abastécese dunha traída comunal. Son os veciños os que controlan os depósitos onde cada día entra menos auga, polo que xa restrinxiron a subministración a tan só unha hora. 

O albergue reabrirá cando se solucione o problema de auga aínda que din as perdas son importantes xa que este mes supón case o 60 por cento da facturación anual. A que non volverá abrir a porta é María. A súa familia xa regresou a Portugal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade