Cargando resultados...
A falta de traballadores preocupa dúas semanas antes do inicio da vendima
A falta de traballadores preocupa dúas semanas antes do inicio da vendima
Moitas adegas recorren a empresas especializadas
G24.gal
18/08/2023 16:00
Comezarán a vendima dentro de pouco máis de dúas semanas, pero máis que a colleita o que lles preocupa é a falta de traballadores para vendimar. Estes problemas de persoal non son ocasionais da vendima, senón que se repite en traballos de retirada da folla, labores culturais...
Antes estas dificultades, moitas adegas recorren a unha empresa especializada con prezos segundo o quilo.
Algúns propietarios das adegas din que hai unha falta de remuda xeracional. Unha falta de man de obra que se está a agudizar, din, nos últimos anos e que complica o traballo das adegas.