Cargando resultados...
Dúas familias usurparon unha casa en Viveiro pola falta, din, de vivendas en alugueiro
Dúas familias usurparon unha casa en Viveiro pola falta, din, de vivendas en alugueiro
Os moradores do inmoble son parellas novas con tres menores ao seu cargo
Félix Aragunde
18/07/2024 13:38
Dúas parellas novas, con idades comprendidas entre os 20 e os 27 anos, usurparon unha casa na parroquia de Covas, en Viveiro.
Segundo aseguran, non lles quedou máis remedio que cometer esta ilegalidade, á falta dunha vivenda en alugueiro que buscaron durante meses. Teñen, ademais, tres menores ao seu cargo.
As dúas parellas admiten que foron identificadas pola policía e tamén recibiron a visita dos axentes da brigada xudicial. Así e todo, sinalan que non tiveron problema ningún cos veciños, e fan un chamamento para poder ter un emprego ademais dun alugueiro en regra.
Polo momento, os donos da casa ocupada non se puxeron en contacto coas familias que residen nela.