A familia de Déborah fai público un informe policial onde se incrimina un coñecido da moza
A familia de Déborah fai público un informe policial onde se incrimina un coñecido da moza
A familia non comprende que non declare como investigado
No informe policial que fixo público a familia de Déborah, o nome do sospeitoso non se pode ler, pero si a solicitude dos investigadores de que sexa citado a declarar en calidade de investigado. A familia de Déborah non comprende por que a xuíza que leva o caso nunca o fixo, e xa presentaron recurso ante a Audiencia Provincial.
No documento os investigadores manifestan a súa convicción de que o home está implicado na desaparición e morte de Déborah e que mentiu e incorreu en contradicións e imprecisións nas súas declaracións.
Segundo a irmá da moza viguesa, hai tres informes policiais que o incriminan e por iso tomaron a decisión de facelos público. Asegura que xa son os últimos cartuchos que poden queimar e que non teñen por que permanecer calados pola súa irmá e polo compromiso que ten coa sociedade, xa que hai máis casos similares.
Catro meses e medio antes de que prescriba o delito, a familia de Déborah segue reclamando xustiza.