A familia do mozo desaparecido en Vigo pide colaboración cidadá para atopalo
A familia do mozo desaparecido en Vigo pide colaboración cidadá para atopalo
Sen pistas de Joel dende o sábado
A familia está preocupada polo seu estado anímico
A familia do mozo vigués desaparecido fai un chamamento para a colaboración cidadá porque calquera pista pode ser importante para dar co seu paradoiro. O día que desapareceu, o pasado sábado, Joel estivera durante todo o día practicando skate, o seu deporte favorito. Despois marchou da casa co seu patinete e, dende entón, nada máis se soubo del.
É unha busca contra reloxo porque a súa familia atopou na casa unha nota preocupante, que podería delatar que Joel non pasaba por un bo momento anímico.
Cada día que pasa están máis preocupados. Nada saben do seu fillo dende o sábado. Pegan carteis polos lugares onde algunhas persoas afirman que viron a Joel e confían en que a colaboracion cidadá dea os seus froitos.
Joel ten 22 anos e estuda Deseño de moda. É un mozo creativo con moitos plans de futuro. Porén, a súa familia está preocupada. Pensan que o seu estado de ánimo o día que desapareceu non era bo.
Cando saíu da casa Joel vestía chaqueta gris con capucha e pantalón negro, levaba mochila e o seu inseparable monopatín.