Cargando resultados...
A Federación Galega de Confrarías denuncia intereses partidistas na manifestación do domingo
A Federación Galega de Confrarías denuncia intereses partidistas na manifestación do domingo
Cualifican de alarmista a crise dos granulados, que fixo descender o consumo de peixe
G24.gal
23/01/2024 22:12
Última actualización 23/01/2024 22:22
A Federación Galega de Confrarías de Pescadores sinalou nunha conferencia de prensa este martes a preocupante redución do consumo de peixe. Cualifican de alarmista a chamada crise dos granulados e aseguran que vai deixar un impacto económico moi negativo no sector pola desconfianza do consumidor.
Tamén denunciaron o interese partidista que, ao seu entender, houbo na manifestación deste pasado domingo en Santiago e que tampouco beneficia, din, o gremio do mar, como explicou o seu presidente José Antonio Pérez Sieira.