A Feira de Santos de Monterroso é unha cita ineludible para os amantes dos produtos caseiros

Os amantes dos produtos caseiros valoran a grande oferta gastronómica que se pode atopar cada 1 de novembro na Feira de Monterroso

G24.gal 01/11/2023 14:21

Outra tradición ben arraigada desde hai séculos nun día coma hoxe é achegarse a Monterroso para gozar da Feira de Santos.

Os amantes dos produtos caseiros valoran a grande oferta gastronómica que se pode atopar cada 1 de novembro na Feira de Monterroso.

Amais dos produtos á venda, o outro gran protagonista da xornada foi o tempo. Aínda que pola mañá o vento e a chuvia non deixaron notar moito, algúns vendedores consideraban que a concorrencia de compradores non foi a mesma de sempre. 

Con todo, o pavillón do mercado estivo animado. Cada quen buscaba o seu manxar favorito entre a ampla variedade de froitos, queixos e, sobre todo, carnes e embutidos de porco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade