Cargando resultados...
A Festa do Albariño recoñece os colectivos que loitaron contra a pandemia da covid
A Festa do Albariño recoñece os colectivos que loitaron contra a pandemia da covid
G24.gal
07/08/2022 15:27
Na vila de Cambados remata este domingo a LXX edición da Festa do Viño Albariño.
O pazo de Fefiñáns acolleu o chamado capítulo serenísimo da orde do albariño. Oficiou como Gran Mestre o expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en presenza do presidente Alfonso Rueda.
Entre os cinco novos ingresos de donas e cabaleiros na orde do albariño estiveron a astrofísica Begoña Vila, o actual alcalde de Cambados e o director do xornal El Mundo. Houbo tamén unha mención especial para unha ducia de colectivos que participaron activamente na loita contra a pandemia da covid-19.