Publicador de contidos
Publicador de contidos

A fin de semana solleira convidou a pasear e mesmo a baixar aos areais galegos

A fin de semana solleira convidou a pasear e mesmo a baixar aos areais galegos

As temperaturas mesmo superaron os 23 graos nalgúns lugares de Ourense e Pontevedra

Praia de Samil en Vigo este sábado
G24.gal 18/02/2023 19:56 Última actualización 18/02/2023 20:01

Fin de semana solleira en toda Galicia, con temperaturas que convidan a pasear. Foron moitos os que se achegaron nesta xornada ata os paseos marítimos e mesmo baixaron aos areais, sobre todo nas Rías Baixas.

Gozar do sol e das temperaturas que ao mediodía roldaron e mesmo superaron os 23 graos en moitos puntos da provincia de Pontevedra e de Ourense foi todo un agasallo en febreiro.

Houbo quen ata sacou o traxe de baño e a toalla e algúns mesmo se atreveron a probar a auga. Iso si, aproveiten, porque cando marche o sol volven baixar os termómetros, con temperaturas baixo cero no interior de Lugo e Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade