Cargando resultados...
A Fiscalía abre dilixencias pola marea de 'pellets' de plástico nas costas galegas
A Fiscalía abre dilixencias pola marea de 'pellets' de plástico nas costas galegas
A Unidade Especializada no medio ambiente da Fiscalía Xeral do Estado abrira xa un expediente de seguimento o 4 de xaneiro
G24.gal
08/01/2024 14:22
A Fiscalía Xeral do Estado abriu dilixencias pola marea de pellets de plástico nas costas galegas e que se estenden ás comunidades do mar Cantábrico, informaron a EFE fontes xurídicas.
A Unidade Especializada no medio ambiente da Fiscalía Xeral abriu dilixencias de investigación sobre a vertedura de pellets tras abrir previamente expediente de seguimento da situación o día 4 de xaneiro.
A vertedura comezou o 8 de decembro tras a caída dun contedor dun barco fronte ás costas portuguesas e o primeiro aviso á Xunta chegou o 13 dese mesmo mes.