Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía conclúe que hai proba clara e contundente contra os acusados do crime de Toques

A Fiscalía conclúe que hai proba clara e contundente contra os acusados do crime de Toques

As acusacións retiran o delito de profanación de cadáver

G24.gal 13/07/2023 15:00

Para a fiscalía non hai dúbidas. Mantén que os dous irmáns investigados mataron o seu veciño e que desde aquela manteñen un pacto de silencio para sementar a dúbida.

Segundo o Ministerio Público, despois chamaron o seu curmán e cando chegou á casa deles contáronlle o feito delituoso. A continuación, entre os tres, organizaron que facer. 

E decidiron que un dos irmáns quedara na casa e o outro fora canda o primo ao monte de Toques para prenderlle lume ao coche e o cadáver da vítima.

Concluíu con que hai proba clara e contundente contra eles. A acusación particular adheriuse á fiscalía. Ambas as dúas, nesta xornada de conclusións, retiráronlles aos procesados a acusación de profanación de cadáver.

Agora piden para cada un dos dous irmáns investigados 18 anos de cadea e para o seu curmán cinco anos e sete meses de prisión.

As defensas insisten en que non hai probas e seguen pedindo a libre absolución.

O xuízo retomarase o luns que será cando se lles faga entrega do obxecto do veredicto aos membros do xurado que se retirarán a deliberar ata obter o seu resultado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade