Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía pide 14 anos de prisión para o dono da pirotécnica de Paramos

A Fiscalía pide 14 anos de prisión para o dono da pirotécnica de Paramos

O Xulgado de Instrución número 1 de Tui dita a apertura do xuízo oral pola explosión da pirotecnia ilegal

O suceso ocorreu no ano 2018, en que faleceran dúas persoas e houbo 37 feridos

A pirotecnia agochaba o dobre de explosivos dos pensados A pirotecnia agochaba o dobre de explosivos dos pensados
G24.gal 01/09/2022 16:21

O Xulgado de Instrución número 1 de Tui ditou o auto de apertura de xuízo oral polo accidente acaecido en maio de 2018 na pirotecnia La Gallega de Paramos, en que faleceron dúas persoas, 37 resultaron feridas e varias vivendas, vías e leiras resultaron danadas.

Segundo informou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o propietario da empresa será xulgado como presunto autor de dous delitos de homicidio imprudente, delitos de lesións imprudentes, risco catastrófico na súa modalidade de delitos de risco provocados por explosivos e outros axentes (na súa modalidade de tenza ilícita), un delito imprudente de estragos, así como delitos de danos imprudentes.

A Fiscalía solicita que sexa condenado a catorce anos de prisión, ademais de inhabilitación para o exercicio de profesión relacionada coa fabricación e manipulación de artefactos pirotécnicos durante o tempo da condena, o pago dunha multa e diversas indemnizacións.

O Ministerio Público identifica nos seus escritos danos en 430 vivendas e 76 en vehículos, ademais dos sufridos nos servizos públicos (rede de abastecemento, saneamento, iluminación pública, electricidade, telefonía, viarias e mobiliario urbano).

Polos menoscabos físicos sufridos como consecuencia da explosión solicita que se abonen diferentes cantidades a 36 persoas, ademais da correspondente indemnización para os fillos da parella falecida, que solicitan para o acusado unha pena de 17 anos e tres meses de prisión.

A maxistrada tamén acorda nesta resolución que o investigado, a súa aseguradora e a entidade pirotécnica La Gallega presten unha fianza conxunta e solidaria por un importe de 11.260.900 euros, que deberán ingresar no prazo de 10 días, baixo apercibimento de embargo.

O órgano competente para o axuizamento e sentenza da causa será un dos xulgados do Penal de Pontevedra.

Tras un intenso traballo na fase de instrución, a causa péchase no Xulgado número 1 de Tui.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade