Publicador de contidos
Publicador de contidos

A fiscalía pide dous anos e medio de cárcere para Rubiales polo bico e as coaccións a Jenni Hemoso

A fiscalía pide dous anos e medio de cárcere para Rubiales polo bico e as coaccións a Jenni Hemoso

Un ano por un delito de agresión sexual e ano e medio por un delito de coaccións

G24.gal 28/03/2024 14:29

A fiscalía solicita dous anos de cárcere para Luis Rubiales polo bico non consentido a Jeni Hermoso. Un ano por un delito de agresión sexual e ano e medio por un delito de coaccións. 

Por esas presuntas coaccións, solicita tamén ano e medio de prisión para os outros tres acusados. O que era adestrador da selección feminina, Jorge Vilda; o exdirector de mercadotecnia da Federación Rubén Rivera e o que foi director da selección, Albert Luque.

O ministerio público mantén que ante as posibles consecuencias do bico non consentido, Rubiales e o resto dos acusados exerceron actos de presión. Di que foron constantes e reiterados, e que se trasladaron a amigos e familiares para que a xogadora aprobara publicamente o bico.

Rubiales recibiu a noticia na República Dominicana, de onde ten previsto regresar o seis de abril. Aquí agárdao unha orde de detención no marco doutra causa. 

Aberta polos contratos da Supercopa en Arabia Saudita, céntrase tamén noutras operacións no mandato de Rubiales. A instrutora cre que cobrou comisións ilegais da construtora que ten o irmán do exdirector xurídico da Federación.

Unha trama que, segundo publica o xornal El Mundo, seguiría funcionando hai un mes. A Garda Civi investiga unha obra na Cidade do Fútbol das Rozas outorgada en febreiro, con Pedro Rocha xa na presidencia da xestora. 

Xunto a Rubiales hai nove investigados por delitos de corrupción nos negocios, administración desleal e branqueo de capitais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade