Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden once anos de cadea para dous mozos por unha malleira en Vigo

Piden once anos de cadea para dous mozos por unha malleira en Vigo

A Fiscalía solicita para un unha pena de seis anos de prisión e, para outro, catro anos e nove meses de cárcere para o segundo por senllos delitos de lesións con deformidade

Os feitos aconteceron o pasado mes de xaneiro, de madrugada, e en pleno centro de Vigo Os feitos aconteceron o pasado mes de xaneiro, de madrugada, e en pleno centro de Vigo
G24.gal 29/11/2022 13:56

Os dous acusados pola brutal malleira ocorrida na rúa Hernán Cortes afrontan penas que suman 11 anos de cárcere. A Fiscalía aplícalles a agravante de asañamento e pide que indemnicen a vítima con 30.000 euros polos potes, traumatismos cervicais, fractura nasal e perda de pezas dentais.

Os feitos aconteceron o pasado mes de xaneiro, de madrugada, e en pleno centro de Vigo, a mans, presuntamente, deses dous mozos, futbolistas ourensáns. 

A Fiscalía, para un pide unha pena de seis anos de prisión e, para outro, catro anos e nove meses de cárcere para o segundo por senllos delitos de lesións con deformidade.

Aplica a ambos a circunstancia agravante de asañamento, así como unha indemnización de 30.000 euros para o vigués agredido e outros 1.000 euros para unha segunda vítima que recibiu tamén diversos golpes por parte dos acusados.

Os avogados que exercen as acusacións particulares coinciden na petición de seis anos para o principal investigado, de 26 anos, e amplían aos cinco anos a solicitude de cárcere o outro concorrendo en ambos, ademais do asañamento, a aleivosía ao entender que deixaron ás dúas vítimas sen posibilidade algunha de defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade