Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía pide prisón permanente revisable para o home que asfixiou o seu sobriño de tres anos en Santiago

A Fiscalía pide prisón permanente revisable para o home que asfixiou o seu sobriño de tres anos en Santiago

A defensa solicita a eximente completa de responsabilidade criminal

Marta González Salve 15/09/2022 14:03

A piques de facer dous anos do suceso en que Santiago Cepeda, sen motivo aparente, asfixiou ata a morte o seu sobriño de tres anos, a Fiscalía solicita para o acusado prisión permanente revisable.

Considérao culpable dun delito de asasinato coa agravante de que o cativo non era quen de defenderse. Unha petición coa que discrepa a defensa.

O Ministerio Público basea a súa cualificación, á que se suma a Asociación de Amigos de Galicia como acusación popular, no informe realizado por psiquiatras do IMELGA que descartan que Santiago Cepeda sufrise unha crise psicótica na tarde do 21 de setembro de 2020 cando cometeu o crime.

Considera o acto moi consciente e afastado de alienación transitoria. Unha avaliación que contradí ós informes realizados "de parte" pola defensa. 

Argumentos que deberá avaliar un xurado popular no xuízo que comezará o vindeiro 17 de xaneiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade