Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía rebaixa a petición de pena para o home acusado de atropelar un veciño en Outes

A Fiscalía rebaixa a petición de pena para o home acusado de atropelar un veciño en Outes

Considera eximente incompleta a anomalía psíquica do acusado

Ten un trastorno da personalidade, pero era consciente dos feitos, segundo a declaración dos forenses

G24.gal 10/01/2024 14:26

Queda visto para sentenza o caso do home acusado de atropelar intencionadamente un veciño en Outes. A Fiscalía solicitaba 9 anos de cadea por intento de homicidio, pero, tras a vista oral, decidiu reducila a 4 anos e 12 meses, por considerar como eximente incompleta a anomalía psíquica do acusado.

A defensa, pola súa banda, mantén a petición de absolución por consideralo inimputable.

"Hai que ter en conta que é unha persoa que ten síntomas e padece trastorno mental transitorio, realidade que está recoñecida no xulgado de Muros como precedente", di Manuel Meiriño Sánchez, o avogado da defensa.

A acusación particular mantén a petición de once anos de cárcere. Consideran que foi un intento de asasinato e que o acusado sabía o que facía no momento dos feitos.

"Entendemos que onte quedou acreditado que o atropelo foi a propósito, que este señor acometeu ao noso cliente con intención de matalo, tiña claro que se o atropelaba co coche podía causarlle a morte, e consideramos que o medio que utilizou, o coche, é aleivoso" explica María Monteagudo Romero, a avogada da vítima.

A acusado admitiu onte que a súa intención era asustar a vítima, mentres que o atropelado declarou que non era a primeira vez que recibía ameazas de morte deste veciño, co que tiña mala relación desde hai anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade