Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía solicita 28 anos de cadea para o presunto autor do crime de Oza-Cesuras

A Fiscalía solicita 28 anos de cadea para o presunto autor do crime de Oza-Cesuras

Impútalle un delito de asasinato e outro de tenza ilícita de armas

Non fai referencia ningunha ao móbil do crime ocorrido na tarde do 15 de xaneiro de 2021

Marta González Salve 27/07/2022 14:02

Novidades do coñecido como crime de Oza-Cesuras, ocorrido en xaneiro do ano pasado. Ano e medio despois do suceso, e tras a investigación, a Fiscalía presentou o escrito de acusación en que solicita 28 anos de cadea para o presunto culpable. Impútalle un delito de asasinato e outro de tenza ilícita de armas.

Porén, non fai referencia ningunha ao móbil do crime ocorrido na tarde do 15 de xaneiro de 2021 na casa de Porzomillos onde residían a vítima e o seu home, cos que o presunto asasino e a súa muller tiveran moita relación por temas laborais e persoais.

Precisamente as sospeitas sobre a moi estreita relación que puidese haber entre o marido da vítima e a muller do agresor fixo que comezaran os problemas entre ambas parellas.

Segundo o escrito do fiscal, a tarde dos feitos a vítima estaba soa na casa cando o presunto asasino entrou. Ela refuxiouse na parte de arriba e acabou saltando por una fiestra, quedando tendida no chan. Foi nese momento cando o home pegou á súa caluga o canón da pistola e disparou. O xuízo, previsto para os vindeiros meses, celebrarase con xurado popular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade