Publicador de contidos
Publicador de contidos

A floración das cerdeiras tingue de branco a Ribeira Sacra do Miño

A floración das cerdeiras tingue de branco a Ribeira Sacra do Miño

As cereixas estarán maduras para mediados de maio

Agárdase unha colleita de calidade e alta cantidade

G24.gal 14/04/2022 20:43

Tardaron algo máis do habitual por causa da climatoloxía pero as cerdeiras da Ribeira Sacra xa están en flor. Dende hai uns días e no que queda de mes pódese contemplar na ribeira de Chantada a característica cor branca que cubre as árbores e que interrompe a paisaxe verde das viñas.

Todo un espectáculo da natureza único en Galicia. E un reclamo para quenes visitan a zona. E máis aínda coa colocación deste xa famoso banco cereixeiro.

A onza e a media onza son as castes de cereixa autóctonas da zona pero nos últimos anos optouse por enxertar as árbores con outras variedades. Así, conséguese unha floración máis intensa e unha produción de froita que se prolonga máis do que o facía antigamente.

Os produtores din que a cereixa ofrece un alto rendemento económico, un valor paisaxístico e un reclamo para os turistas.

Para mediados de maio estarán xa maduros os froitos, que terán o seu día grande coa festa da cereixa de Belesar o 21 e 22 de maio. 
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade