Publicador de contidos
Publicador de contidos

A folga de ambulancias comeza con sabotaxes

A folga de ambulancias comeza con sabotaxes

Os paros continuarán se non hai melloras para o persoal

Cidades como Vigo acolleron diversas mobilizacións do persoal das ambulancias Cidades como Vigo acolleron diversas mobilizacións do persoal das ambulancias
G24.gal 06/07/2023 13:58

Folga no sector das ambulancias galegas. Esta mañá houbo mobilizacións en cidades como Ourense. A Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia 061 condenou as sabotaxes que sufriron nos últimos días uns vinte vehículos.

Os traballadores mobilizáronse tamén en lugares como Vigo ou Pontevedra para reclamar melloras salariais e o aumento tanto de persoal como da frota de vehículos. A folga rematará mañá, pero os sindicatos advirten de novas mobilizacións se non se atenden as súas demandas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade