Cargando resultados...
A folga que case colapsa o país
A folga que case colapsa o país
Dúas semanas de paro do transporte fan tremer a economía española
Galicia, moi dependente do sector primario, entre as máis afectadas
Antón Montero
04/04/2022 16:24
Case todos os sectores da economía española sufriron nos últimos días o impacto do paro dos transportistas. A protesta fixo aflorar as reivindicacións históricas do sector. Tamén demostrou a facilidade con que os camioneiros poden poñer en xaque toda a capacidade produtiva dun país. Galicia, moi dependente do sector primario, foi un dos territorios máis afectados.