A frota galega leva cen anos pescando en augas de Terra Nova
A frota galega leva cen anos pescando en augas de Terra Nova
A época dourada foi nos anos cincuenta cando traballan nas augas canadenses cinco mil mariñeiros e 150 barcos
En 1995 o apreixamento do Estai simbolizou a guerra do fletán
Levamos case cen anos pescando en Terra Nova, que en tempos foi sinónimo de esplendor para a nosa pesca. Agora ben, había que vivir en condicións extremas. Este é un anaco da nosa historia en Terra Nova.
Era o ano 1995. Retransmisión dende o porto de Vigo: "aí teñen vostedes os mariñeiros do Estai, saudando. Toda a xente aplaudíndoos".
E nos meses previos gravaran escenas da vida cotiá a bordo mentres andaban ao fletán en Terra Nova.
E logo aquela marea morreulles un compañeiro a bordo. E despois diso O Canadá apresounos. mantiña con España a famosa guerra do fletán. Era unha dureza máis que engadir a uns caladoiros xa de por si moi duros. Así nolo contaba quen sabía.
Sinónimo de condicións extremas, Terra Nova, pero tamén sinónimo de esplendor para a pesca galega, en tempos.
Hai cen anos comezamos pescar alá, e dende 1950 viviuse a época dourada. Traballaban 5.000 homes, 150 barcos que operaban en parella e proviñan de Vigo, da Coruña ou de Pasaxes. Galegos e vascos enchían o porto de Saint-Pierre.
Fixo estas fotos durante 30 anos un fotógrafo de alí que de neno se impresionaba de ver estes barcos iceberg de homes chegados dun país de temperaturas mornas.
Había moito bacallau, pero tamén mareas de seis meses para arriba. Ás veces tres meses sen ver terra.
E a finais dos 70, a sobrepesca mingua o bacallau. En 1992 queda vedada a especie. Inspeccións milimétricas para os nosos barcos. En 1986 O Canadá mesmo disparou contra algúns deles. Esta é a chegada de tripulantes.
Viría logo a guerra do fletán. O Estai. E Terrra Nova foi deixando de ser o que era. Na actualidade só uns poucos barcos traballan alí. E hai que restar un.
Hai case cen anos do primeiro español morto alá. Hai que lembrar os que quedaron nesta epopea nosa en Terra Nova.