Publicador de contidos
Publicador de contidos

A frota que navegará a ruta Iacobus Maris desprega as velas en Xénova

A frota que navegará a ruta Iacobus Maris desprega as velas en Xénova

G24.gal 26/06/2022 20:33 Última actualización 26/06/2022 20:59

A frota de once barcos que peregrinará por mar ata Vigo, emulando a traslación dos restos do Apóstolo Santiago o Maior desde Jaffa, hoxe Palestina, ata Iria Flavia, espera na mariña de Xénova a comezar a travesía, a Ruta Iacobus Maris coa que Galicia celebra o ano santo 2021-22.

Desde hai tres días as goletas, as carabelas, os barcos da Volvo Ocean Race que conforman a frota foron visitados por máis de 20.000 persoas. Ao mediodía deste domingo deixaban atrás a rexión italiana de Liguria para navegar polo Mare Nostrum ata Valencia, a onde chegarán o vindeiro sábado.

Marcharán ao Porto a través do estreito de Xibraltar, as portas de Hércules polas que tamén pasarían os apóstolos que trouxeron os restos, e de alí partirán a Vigo a onde chegarán o 24 de xullo, a tempo para celebrar o día grande de Galicia. Serán en total 3.400 millas náuticas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade