Cargando resultados...
A gaita máis antiga do mundo ten seis séculos e pertenceu a un gaiteiro de Pontevedra
A gaita máis antiga do mundo ten seis séculos e pertenceu a un gaiteiro de Pontevedra
O instrumento presentouse na tarde deste venres no Museo de Pontevedra
G24.gal
22/04/2022 21:37
O descubrimento presentouse este serán nunha conferencia con concerto no Museo de Pontevedra, xa que forma parte do traballo desenvolvido polo músico e artesán Pablo Carpintero para a súa tese de doutoramento. Carpintero, quen leva anos recompilando gaitas de fol antigas no noroeste peninsular, aplicou as probas do carbono 14 a 144 punteiros de madeira. As análises revelaron que o instrumento que pertenceu ao gaiteiro Xan Tilve, orixinario da parroquia pontevedresa de Campañó, ten unha antigüidade entre os 550 e os 600 anos.