A Mariña e o norte da Coruña escapan da vaga de calor
A Mariña e o norte da Coruña escapan da vaga de calor
A costa lucense roza os 25 graos
Eran as seis da tarde o termómetro desta farmacia de Barreiros marcaba 25 graos.
Algo de nubes no ceo e os veciños da Mariña gozando de sabérense donos dunhas temperaturas suaves e agradables mentres o resto de Galicia se sufoca. Pedro mesmo botou todo o día traballando ao sol, poñendo no ladrillo. Con todo, aquí tampouco escapan do quecemento global.
De camiño á praia paramos nesta granxa, Anxo explícanos que aínda que aquí non é tanta a calor, os animais tamén a padecen.
Ao chegarmos a praia os turistas agradecen as temperaturas.
Imos agora ata Ferrol. Estamos no Cantón de Molíns, outra cidade que é unha excepción nesta Galicia de temperaturas extremas.
Para mañá espérase que no norte galego a calor continúe sen abafar.