Cargando resultados...
A Garda Civil detén tres persoas en Culleredo por roubaren 700 litros de gasóleo
A Garda Civil detén tres persoas en Culleredo por roubaren 700 litros de gasóleo
Os arrestados, residentes da Coruña e Oleiros, foron sorprendidos mentres subtraían combustible do depósito dun camión no polígono de Ledoño
G24.gal
23/04/2024 09:32
A Garda Civil, en colaboración coa Policía Local de Culleredo, detivo tres persoas por supostamente roubaren máis de 700 litros de gasóleo na localidade.
A Garda Civil informou este martes de que os arrestados, residentes da Coruña e Oleiros, foron sorprendidos mentres subtraían combustible do depósito dun camión no polígono de Ledoño (Culleredo).
A investigación iniciouse tras varias denuncias previas de furtos similares. Aos tres homes detidos atribúeselles a autoría de múltiples roubos na zona, que suman máis de 700 litros de gasóleo roubado, segundo as denuncias presentadas.