Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil de Tráfico conmemora os seus 65 anos cunha mostra na Coruña

A Garda Civil de Tráfico conmemora os seus 65 anos cunha mostra na Coruña

Os xardíns de Méndez Núñez acolleron unha exposición sobre a evolución do parque móbil e dos medios tecnolóxicos

A Agrupación de Tráfico da Garda Civil creouse en 1959, o mesmo ano que a Dirección Xeral de Tráfico

G24.gal 21/07/2024 20:50 Última actualización 21/07/2024 21:38

Entre o coche máis antigo e o modelo actual hai 65 anos de historia da Garda Civil de Tráfico. Nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña puido apreciarse este domingo a evolución do parque móbil desde que se creou a agrupación en 1959.

"A xente pode ver a evolución dos medios, dos vehículos tanto de dúas rodas como de turismos, que daquela escaseaban, só os tiñan os xefes", explica Antonio Hidalgo, xefe do Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia.

Na exposición tamén se apreciaba como mudaron os medios tecnolóxicos para controlar a velocidade ou para facer os controis de alcoholemia.

"Os instrumentos que empregamos tamén nas campañas de tráfico e como evolucionaron. Por exemplo unha simple tableta, que hoxe vemos como algo habitual, pero ata ben pouco os datos tiñan que escribirse a man", asegura a Subdelegada do Goberno, María Rivas.

En 1959, cando se creou a Garda Civil de Tráfico, producíanse nas estradas españolas máis de 27.000 accidentes e case 1.700 vítimas mortais, cun parque automobilístico que non chegaba ao millón de unidades.

Hoxe, con máis de 35 millóns de coches, o número de vítimas reducise un 31 %, segundo os últimos datos do 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade