Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil desactiva en Noia unha granada e nove foguetes da Guerra Civil

A Garda Civil desactiva en Noia unha granada e nove foguetes da Guerra Civil

Un particular chamou a Garda Civil para informar de que atopara os explosivos mentres realizaba a limpeza do rocho do seu defunto avó

G24.gal 06/08/2024 09:55 Última actualización 06/08/2024 10:03

Os Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos (TEDAX) da Garda Civil, en colaboración con axentes de Noia, desactivaron unha granada de morteiro e nove foguetes antipedrazo atopados nesta localidade.

Foi un particular o que chamou a Garda Civil para informar de que, mentres realizaba a limpeza do rocho do seu defunto avó, localizara unha granada de morteiro, tipo Valero, de 50 mm de calibre, correspondente á pasada Guerra Civil Española, así como nove foguetes antipedrazo de fabricación nacional e en mal estado de conservación.

Tras recibir a información, unha patrulla desprazouse ao lugar para verificar a situación. Posteriormente, o equipo especializado TEDAX da Coruña fíxose cargo da incidencia e procederon á desactivación controlada dos 10 artefactos nunha canteira da localidade.

A Garda Civil aproveita estes feitos para facer un chamamento á cidadanía para que non manipule obxectos sospeitosos e, en caso de atopar artefactos que poidan ser perigosos, informe de inmediato ás forzas de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade